Víctor Soho

Vigo (1999) /

Víctor Soho ///

Licenciado en Filosofía, estudiou a especialización en Cinema Documental na ECAM, onde explorou terreos ligados ao cinema experimental, a videoarte e a instalación. Tamén ten traballos como ilustrador, músico e deseñador gráfico, así como múltiples ensaios premiados e publicados.

VIMEO / INSTAGRAM / TWITTER / LETTERBOXD

CONTACTO

sohovictor.v@gmail.com

+34 665 92 22 12

CURTAS / LONGAMETRAXES

2019 – Elieli v.1 (Love After Love) / (23′)

Ano 2028 -> Eli é brutalmente violada e asasinada. Mentres tanto, V chatea coa súa noiva sobre os seus medos e obsesións. Xamais se viron na vida real, pero quérense de todos os xeitos.

2020 – 4EVER (El amor) / (12′)

Unha curtametraxe sobre o inicio dun amor eterno e o final da mortalidade. A pesar de todos os cambios, algunhas cousas perduran aos milenios e as distintas sociedades. O amor conquista o tempo, despois de todo.

2020 – El acontecimiento / (5′)

A Terra sofre unha pandemia a nivel global. / Unha moza envía un audio de Whatsapp á súa parella, un astronauta que se atopa viaxando entre distintas galaxias.

2022 – DEMASIADO*JOVEN*PARA*MORIR / (5′)

Tras a morte do seu amigo, afogado no mar, o protagonista decide vingarse do único xeito posible: matando ó Océano Atlántico.

2022 – Máxica Neves no Nadal / (12′)

Máxica Neves, unha Magical Girl galega, loita contra ó fascismo no Nadal.

2025 – DESENCANTO: ás veces síntome o puto amo, pero hoxe só me sinto un puto :( / (23′)

Vigo está encantada, polas súas rúas viven seres máxicos. Dúas historias: na primeira, unha vidente tenta axudar a súa amiga que ten unha maldición dexenerativa, puidendo morrer se entra en contacto coa luz. Na outra historia, un home invisible que fai prácticas nunha empresa de detectives paranormais investiga unha pantasma que aparece polas noites polas rúas de Vigo, mentres coñece un tuiteiro que pensa no suicidio, porque cada día esperta máis e máis canso.

2025 – Sexo triste despois do verán on que rumpimos / (12′)

Sara e Mario empezaron a saír no instituto. Pero pasaron moitas cousas nos sete anos transcorridos desde o comezo do seu amor adolescente. Levan tempo tentando romper, pero sempre acaban volvendo estar xuntos: teñen demasiado medo de non atopar nunca noutras persoas o que atoparon o un no outro…

POST-PRODUCIÓN- Adolescencia Infinita / (71′)

Natalia, 14 anos. é unha moza insegura. Apenas ten amigues e pasa o seu tempo xogando online. Natalia, 102 anos, é unha persoa confiada. Atópase exiliada na China por pertencer a unha banda terrorista galega. Unhe alieníxena tecno-biólogo, milenios despois da extinción da raza humana, tenta reconstruír a súa historia.

PRODUCIÓN – NOVO INFERNO / (53′)

María, no proceso de investigación da súa tese, infíltrase nun grupo pagán de ultradereita obsesionado con Vicente Risco que actúa por Internet. Pensando que se trata dun grupo anecdótico de Internet, acaba atopando unha seita coa capacidade de destruír ó Universo.

fanzine / ilustración

2024 – prefiro ser unha flor a un océano

As representacións relixiosas occidentais teñen tendencia a representarse dende o magnánimo. O propio sentimento oceánico do que falaba Freud preséntase dende un extensísimo horizonte que nos rodea por todos lados e que asemella ser infinito. O contacto con Deus vólvese definitivo, coñecelo pode volverte tolo ou encherte do amor para o resto da existencia e, en calquera caso, un acontecemento sublime. Fronte ó cristianismo enorme, gústame o pequeno do Tao, o non-ser do Tao, o oculto do Tao. Sinto que hai na súa cosmoloxía a posibilidade dunha mística sutil, de pequenos momentos, de acontecementos anódinos que se esquecen rápido e non marcan ningún punto clave na vida de ninguén. Son momentos que non-son, porque, en aparencia, non pasan nada. Son estes momentos, en calquera caso, onde eu sentín un momento de abraio misterioso, de plenitude completa e harmonía profunda co resto de elementos que me rodeaban. Son, dende a súa humildade, formas de mística sutís.

SELECIÓNS / proxeccións / premios

2019 – Elieli v.1 (Love After Love) – Estreada en Cineteca de Matadero (Madrid) na sesión “Ventana Emergente”.

2020 – 4EVER (El amor) – Estreada en Cineteca de Matadero (Madrid) no programa “Algún día”.

2020 – El aconteciminto – No catálogo permanente de Homeostasis Lab’s (Brazil).

2021 – Adolescencia Infinita – No laboratorio do festival Novos Cinemas (Pontevedra).

2021 – Adolescencia Infinita – No laboratorio “1to1” do festival Intersección (A Coruña)

2022 – DEMASIADO*JOVEN*PARA*MORIR – Estrada en Curtocircuito (Santiago de Compostela) na sección Supernova..

2023 – Adolescencia Infinita – WIP na competición “Corte Final” do festival DocumentaMadrid, galardonado cunha Mención especial.

2023 – HIPERCINEMA [Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo] – Gañador do Accésit a Mellor ensaio internacional nos Premios María Luz Morales.

2023 – Máxica Neves no Nadal – Estreada na Competición Oficial do festival L’Alternativa (Barcelona). Gañador do PREMIO FILM NACIONAL DE L’ALTERNATIVA OFICIALES.

2023 – Participación na sección ENCONTROS do festival Novos Cinemas (Pontevedra).

2024 – Miembro fantasma (RAMPER) – Proxección en Cineteca de Matadero (Madrid) na sesión “El tiempo nos espera” do ciclo Voces del presente.

2024 – Novo Inferno – Un dos seis proxectos seleccionados no EXTREMELAB – Cinema Pendent 2024 de L’Alternativa (Barcelona, Badajoz, Málaga, Portugal).

2025 – Foco Víctor Soho Íntima Fest V – Retrospectiva da miña obra no foco de Íntima Fest (Madrid).

2025 – DESENCANTO: ás veces síntome o puto amo, pero hoxe só me sinto un puto :( – Sección oficial no Festival u22 (Barcelona).

videoclips/visuals

2018 – Josele Santiago – Un Guardia Civil

2018 – Josele Santiago – Saeta

2019 – Breogán Xague – Balada do pailebote branco

2019 – Breogán Xague – Sin incordiar

2023 – Breogán Xague – Festa dos maios!

2024 – RAMPER – Miembro fantasma

colaboracións

2021 – La fiesta del fin del mundo (Paula González, Andrés Santacruz, Gloria Asla) – Deseño do cartaz.

2021 – Glass Bottom Ferry (Chus Domínguez) – Axudante de montaxe.

2022-2023 – Triloxía XAGUE (Breogán Xague) – Deseño gráfico e visuals.

2024 – Ceremonias de agua (Adrián Viéitez) – Ilustración da portada.

2024 – Yo te doy luz (Miguel Ariza) – Deseño de son.

2024 – Los Jóvenes Andan (Miguel Ariza) – Deseño do cartaz.

PROXIMAMENTE – Nel buio dell’acqua (David Rodríguez Díaz) – Co-montador / Deseño de cartaz / Compositor.

PROXIMAMENTE – Nargual Review: La Película (Nico Nargual) – Equipo de produción / Actor / Compositor.

traballo de programación

2019-2020 – CINEZETA / Cineteca de Matadero (Madrid)

2024-PRESENTE – Sección Internacional / Intersección – Festival Internacional de cine de A Coruña (A Coruña)

ensaios

2020 – “Atrapar con las manos el aire” (Árboles frutales. Antología recopilada por Adrián Viéitez)

Breve escrito sobre a relación entre as relacións a distancia e a poesía mística para o recopilatorio de textos escritos na pandemia, Árboles frutales, recopilado por Adrián Viéitez e publicado en Editorial16.

2022 – No sabéis pasarlo bien y además sois pesadísimos: Unas pequeñas notas sobre la cultura de masas en los festivales europeos

Notas sobre a falsa promesa de multiculturalidade dos festivais de cinema e como isto se relaciona coa forma que percibimos a cultura de masas. Unha defensa do local. Escrito para o fanzine “Cercanías” do colectivo Mediadistancia.

2022 – La forma en que desprecio vuestro silencio

Breve artigo sobre o meu problema con gardar silencio no cinema, onde presento outras posibilidades de habitar a sala de cinema. Escrito para Zenda Libros.

2023 – NADA ESTÁ A SALVO (notas para un horror económico-político)

Notas para unha idea marxista do horror, onde presento as posibilidades dun horror que sexa tradución do capital. Escrito para Kaminker.

2023 – HIPERCINEMA [Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo]

O capital leva acelerándose nas últimas décadas. Os mass-media contemporáneos levan acelerándose nas últimas décadas. O cinema de masas non é unha excepción. Estes novos modelos de produción proporcionan un espazo perfecto para analizar as contradicións do capital. Loitando contra o desencanto xeralizado, tal vez poidamos atopar nestas novas formas de velocidade cinematográfica algunha fuga, algunha ferramenta ou algunha tendencia que poida resultar liberadora.

Gañador do Accésit a Mellor ensaio internacional nos Premios María Luz Morales , “pola capacidade para a elección e execución de opcións formais non normativas e pola orixinalidade dos desprazamentos intelectuais propostos. O xurado destaca especialmente o carácter anovador, arriscado, libre e provocador dunha proposta cunha importante dimensión política, que denota unha intención e visión claras,  e na que se aliñan forma e contido”.

2024 – Un macaco haciendo macacadas

Artigo encargado pola páxina PlatinoEduca sobre a educación, a arte e a importancia do inconsciente e a diversión. Pode lerse aquí.

2024 – MAQUINA DE PRODUCCIÓN INFINITA DE DESEO: Sobre Spring Breakers y un cine-deseo para el siglo XXI

Análise de Spring Breakers (Harmony Korine, 2012) como proposta para un cinema que non tematice, nin encarno o desexo, senón que o produza de forma infinita e insaciable.

2025 – CARTA AL ARTISTA LLORICA Y DESCLASADO: Sobre las quejas de los pequeños cineastas y la clase obrera en la industria cultural

Carta contra a falta de consciencia de clase dos pequenos burgueses das industriais culturais, a favor do proletariado que traballa nelas.

2025 – Mataria por ti con que me lo pidas

Correspondencia con Violeta Rayquaza sobre a importancia do cinema de Isiah Medina no contexto do cinema obreiro. Escrito para o fanzine “Tacto Digital: Textos en torno al cine de Kinet Media y Quantity Cinema” do colectivo Mediadistancia.

2025 – Notes on “Gangsterism”

Pequenas notas sobre o filme de Isiah Medina, Gangsterism (2025). Texto en inglés e en galego.

artigos en xornais / críticas

2024 – Vitorias agridoces dun camarada ianqui: Catro obras de Jon Jost / A cuarta parede

2024 – Crítica de La Bête, de Bertrand Bonello / A Cuarta Parede

2024 – Entrevista a Andrés Magán / Vinte na Praza

educación

ECAM – Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid

Licenciatura en Cinema Documental / 2017-2020

UNED – Universidad Nacional de Educación a Distancia

Grao en Filosofía / 2019-2024

Grao en Antropoloxía / 2023-Actualidade

USC – Universidade de Santiago de Compostela

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de Idiomas. Especialidad Ciencias Sociales y Humanidades / 2024-2025